musicas.mus.br

Letras de músicas - letra de música - letra da música - letras e cifras - letras traduzidas - letra traduzida - lyrics - paroles - lyric - canciones - ADIóS RíOS, ADIóS FONTES - AMANCIO PRADA - música e letra

Utilize o abecedário abaixo para abrir as páginas de letras dos artistas

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

Adiós Ríos, Adiós Fontes letra


Adiós, ríos, adiós, fontes
Adiós, regatos pequenos
Adiós, vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra
Terra donde m’eu criei
Hortiña que quero tanto
Figueiriñas que prantei

Prados, ríos, arboredas
Pinares que move o vento
Paxariños piadores
Casiña do meu contento

Muíño dos castañares
Noites craras do luar
Campaniñas timbradoiras
Da igrexiña do lugar

Amoriñas das silveiras
Que eu lle daba ó meu amor
Camiñiños antre o millo
¡Adiós para sempre adiós!

¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nascín
Deixo a aldea que conoso
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños
Deixo a veiga polo mar
Deixo, en fin, canto ben quero
¡Quén puidera non deixar!

Adiós, adiós, que me vou
Herbiñas do camposanto
Donde meu pai se enterrou
Herbiñas que biquei tanto
Terriña que nos criou

Xa se oien lonxe, moi lonxe
As campanas do pomar
Para min, ¡ai!, coitadiño
Nunca máis han de tocar

Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor
Voume soio, sin arrimo
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña
Adiós por sempre quizáis!
Dígoche este adiós chorando
Dende a beiriña do mar

Non me olvides, queridiña
Si morro de soidás
Tantas légoas mar adentro
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Adiós ríos, adiós fontes
Adiós, regatos pequenos
Adiós, vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos

Non sei cando nos veremos

Amancio Prada - Letras

top 30 músicas

©2003 - 2024 - musicas.mus.br